Helicóptero da Costa da Morte

Coa anulación do concurso público para adquirir un novo helicóptero, o Pesca 3, a ubicar no concello de Cee da Costa da Morte, o PP intenta aforrar a costa da xente do mar e da súa seguridade.

O anterior goberno deixou feito todo o traballo previo para facer o heliporto e tódalas instalacións precisas no concello de Cee, cun orzamento de 300.000 euros, ademais de que xa tiña negociado co este Concello a donación dos terreos e cos responsables de Aviación Civil do Ministerio de Fomento para a ubicación na Costa da Morte deste novo helicóptero.

As desculpas que está a dar estes días a Xunta de Galicia e o PP acerca da anulación da compra deste novo helicóptero son MENTIRA e desmontaremos as súas mentiras unha a unha:

“As tripulacións de Vigo e Celeiro terán unha capacidade de resposta inmediata, 10 minutos, as 24 horas do día os 365 días do ano”. MENTIRA

O PP oculta que o helicóptero de Vigo, o Pesca I, xa conta coas instalacións necesarias e coas tripulacións formadas para prestar o servicio de resposta 10 minutos as 24 horas e os 365 días do ano, posto que o anterior goberno fixo:

Outubro 2.008 Asínase o contrato de concesión administrativa do terreo entre o Director do Aeroporto de Vigo e a Secretaria Xeral de Patrimonio da Consellería de Economía da Xunta de Galicia.

Decembro 2.008 Asínase acta de entrega do terreo á Xunta de Galicia entre o Director do Aeroporto de Vigo e o Secretario Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Decembro 2008 rematada a instrucción das novas tripulacións para prestar o servicio de resposta de 10 minutos.

Marzo 2009 faise a acta de replanteo e inicianse as obras no aeroporto de Vigo

Probablemente o vindeiro luns 8 de xuño iniciarán o seu traballo as novas tripulacións, agardamos non teñan a desvergoña de inaugurar algo que non fixeron eles.

“A compra do terceiro helicóptero non aumentaría a eficacia do servizo de salvamento porque Celeiro e Cee só contarían con presenza das tripulacions 6 horas ó día” MENTIRA

A compra do terceiro helicóptero que o PP anulou, se fai por concurso público, unha vez que resulta adxudicatario do mesmo unha determinada empresa, constrúe o helicóptero e o entrega, e as condicións de operatividade dese helicóptero se fixan cando éste empeza a funcionar, polo tanto non hai nada prefixado que diga tal cousa, podería este goberno poñer o servicio de resposta 10 minutos en Cee, ó igual que o anterior goberno socialista o fixo con Vigo.

 O heliporto de Celeiro está situado fóra dos circuitos de aviación civil e  a tripulación do helicóptero alí situado vive moi perto da base, co que os seus tempos de resposta son xeralmente mellores que os dos outros helicópteros.

A eficacia do servizo de salvamento sí se vería reforzada con este novo helicóptero posto que ter unha base na Costa da Morte e un helicóptero na zona acurtaría sustancialmente os tempos de voo para chegar ás zonas de siniestros marítimos, dado que os helicópteros de Vigo, de Celeiro ou o que ten o Ministerio de Fomento no aeroporto de A Coruña (que tamén ten tempos de resposta de 10 minutos as 24 horas os 365 días do ano) tardan máis en chegar dende as súas bases á Costa da Morte; ademais en caso de accidente grave, dónde houbera que facer un “tren de helicópteros” ter unha base como a de Cee podería servir para repostar e parar ós demais helicópteros sin ter que voltar ás súas bases máis lonxe.

Tamén ser vería reforzada no caso de avaría dalgún dos helicópteros existentes (son aparatos moi sensibles e teñen ó longo do ano moitas incidencias), posto que ter a costa galega con 4 puntos de referencia de salvamento marítimo (Vigo, Cee, A Coruña e Celeiro) permite unha tranquilidade moi alta para os operadores do salvamento marítimo.

Outra das virtudes desta base en Cee, é que ó non estar dentro dun aeroporto, está fóra dos circuítos do tráfico civil e ten máis capacidade de manobra.


Esta forma de proceder do PP co salvamento marítimo e a seguridade no mar non é nova, nin só atribuíble ó PP de Galicia, tamén cando o PP con Aznar estivo no goberno de España deixou de investir en seguridade marítima, de ahí o esforzo que tivo que facer o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero poñendo en marcha o Plan Nacional de Salvamento Marítimo 2006-2010 e o Plan Puente 2005-2006, cos que está dotando a todo o litoral de España de medios propios do estado tanto para o salvamento como para a loita contra a contaminación mariña, boa proba delo temos en Galicia cos buques DON INDA e URANIA MELLA, con toda a dotación de novas SALVAMARES  e coa posta en marcha do tempo de resposta en 10 minutos as 24 horas os 365 dias do ano do HELIMER GALICIA, helicóptero situado no aeroporto de A Coruña.




cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.