A Xunta pretende eliminar do sitema educativo os logros dos catro anos de goberno socialista

OS SOCIALISTAS LAMENTAN A “OBSESIÓN” DA ACTUAL XUNTA PARA ELIMINAR DO SISTEMA EDUCATIVO OS LOGROS DOS CATRO ANOS DE GOBERNO SOCIALISTA

Guillermo Meijón inquire ao conselleiro de Educación “por qué non pregunta aos pais si queren ou non os libros gratuítos”

Os socialistas defenden mañá na Comisión de Educación unha Proposición non de Lei para continuar coa política de gratuidade dos libros de texto para todo o ensino obrigatorio

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 09. O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, criticou hoxe a “obsesión” da actual Xunta para eliminar do sistema educativo os logros dos catro anos de goberno socialista. Meijón respondeu así ás declaracións realizadas hoxe polo presidente da Xunta nas que anuncia o “replantexamento” desta medida, e advirte que o goberno de Feijóo “espera ás vacacións escolares para facer visible a axenda oculta das súas actuacións en contra da escola pública”.


O parlamentario socialista dirixiuse ao conselleiro de educación, “tan amigo das consultas, por qué non pregunta aos pais si queren ou non os libros gratuítos, ou cómo consideran a circular de agrupamento de alumnos que conleva a supresión de numerosas aulas fundamentalmente nas provincias de Lugo e Ourense”.

O portavoz de Educación lembra que a gratuidade dos libros de texto en todo o ensino obrigatorio foi no seu día a medida máis valorada de cantas tomou o anterior goberno, e supuxo un grande esforzo orzamentario.

Diante destas decisións, dixo, “podemos entender facilmente cales son os porqués da non comparecencia do actual titular da consellería de Educación no Parlamento de Galicia para explicar as directrices do seu departamento”. Moito nos tememos que a súa política, dixo, suporá un gran paso atrás respecto da xestión do anterior goberno, no que a escola pública era sen dúbida un eixo principal”.

Iniciativa en Comisión

A Comisión de Educación que se celebrará mañá no Parlamento de Galicia incluirá unha Proposición non de Lei do propio Meijón na que insta á Xunta de Galicia a continuar coa política de gratuidade dos libros de texto para todo o ensino obrigatorio, que foi presentada, explicou, porque “os socialistas prevíamos unha actuación da Xunta neste sentido”.

 

Documento relacionado: Gratituidade dos libros de texto

 





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.