Retirada da recollida de voluminosos por parte de Sogama

O PSdeG advirte que a retirada da recollida de voluminosos por parte de Sogama alomenos duplicará a factura para os concellos, e esixe á Xunta “accións inmediatas” para evitar “o afogo que lles suporá”

Carmen Gallego insta á Xunta a que explique “con exactitude” aos concellos a canto ascenderá a súa factura, e a que poña en marcha unha liña de axudas que permita paliar o incremento de custos

Gallego avogou polo incremento dos puntos limpos e axudas para a súa xestión, como se viña facendo na anterior lexislatura.


Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2009.- O PSdG advertiu que a retirada da recollida de voluminosos por parte de Sogama anunciada pola Xunta suporá que os concellos “como mínimo vexan duplicada a súa factura do lixo”, xa que pasarán de pagar unha media de 51 euros por tonelada, ao igual que para o resto de residuos, a pagar máis de 90 euros por tonelada, que é a media que cobran os xestores autorizados.

A secretaria de Medio Ambiente e Mariño, Carmen Gallego, recordou hoxe que o PSdeG presentou o pasado 14 de xullo unha Proposición Non de Lei na que apremiaba á Xunta a axudar aos concellos asumindo os diferenciais de custo para o tratamento dos residuos voluminosos. Gallego instou novamente á Xunta a adoptar “accións inmediatas” para evitar “o afogo” dos concellos e esixiu ao Executivo autonómico “que se poña xa a traballar” e que garanta a transparencia na xestión de residuos voluminosos, de xeito que os concellos poidan coñecer as empresas que teñen autorización para traballar como xestores de residuos e as tarifas que manteñen.

A este respecto Gallego sinala que a única información facilitada pola Xunta aos concellos é unha carta na que lles sinala que hai unha planta que recolle voluminosos en Cerceda e lles indica como informarse sobre os xestores autorizados a través da páxina web.

Para Gallego é “indispensable” que os concellos conten con todos os datos e “non chega cunha carta dicindo cousas que xa todos sabemos”, senón que é necesario que os concellos “coñezan canto antes e con exactitude a cánto ascenderá a factura” para o tratamento de residuos voluminosos que Sogama deixará de recoller a partir do 1 de setembro e a qué xestores poden dirixirse.


A secretaria de Medio Ambiente tamén insta á Xunta a incrementar a presenza de puntos limpos nos concellos onde aínda non existen e incentivar, a través de axudas, a xestión deses puntos limpos, como se viña facendo na anterior lexislatura.

Así mesmo, Gallego recordou que a Xunta “ten o deber de actuar” para que os concellos “que xa están nunha situación económica difícil” non se vexan “afogados” polas novas tarifas. “Se non se fai isto, os concellos vanse atopar nunha grave situación” e ademais agrávase o risco de proliferación de vertedoiros incontrolados”, advertiu.

Moción sobre residuos voluminosos.pdf




cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.