Boletín Municipal nº2

Estimados compañeiros, estimadas compañeiras:

O equipo de Política Municipal tomou estos dias a decisión de dedicar un número extraordinario do recén nacido Boletín Municipal, á situación de Silleda, verdadeira mostra da impunidade e da desvergonza política do Partido Popular. Quixemos achegarvos unha mostra de cal é a situación deste municipio pontevedrés e de cales son as verdadeiras razóns para unha moción de censura avalada por Louzán e Feijoo.


O vindeiro domingo dia 11, ás cinco da tarde, haberá unha nova concentración en Silleda para decirlle á dereita que nin así van a modificar a vontade dunha vila que xa demostrou estar coa súa Alcaldesa e para amosarlle a Paula e os restantes compañeiros do Grupo Municipal e da Agrupación que non están solos.

Sin máis, animándovos a encontrarnos en Silleda e a seguir traballando dende a dignidade e a firmeza democrática, recibide un saúdo de todos nós.    

Mar Barcón Sánchez.

Descargar: Boletín spm nº2

 

 





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.