GRATUIDADE LIBROS TEXTO

Estimados compañeiros e compañeiras:

Enviamosvos uns apuntes xunto cunhas notas que nos envía Guillermo Meijón Consuelo, Secretario de Educación da CENG, sobre a gratuidade dos libros de texto e as axudas do Goberno da Xunta para este fin.

Segundo o compañeiro, Guillermo:

"O día 14 de Decembro demos unha rolda de  no Parlamento de Galicia sobre os resultados do modelo de "gratuidade" dos libros de texto implantado polo PP e que provocou a SUPRESIÓN do DEREITO á GRATUIDADE de LIBROS de TEXTO para TODOS e TODAS implantado polos SO Guardar CIALISTAS.


Creo que este novo número de APUNTES que xuntamos a este correo está suficientemente claro, pero quedo a vosa disposición para todo que poida facer falta. A información que vai está referida CONCELLO a CONCELLO. Os datos son elocuentes, salvo en concellos pequenos cunha poboación cunha rendas moi baixas. De feito podedes ver como nas grandes cidades os datos son apabullantes, moi por encima da media de Galicia.

É preciso facer chegar este mensaxe aos nosos afiliados-as e simpatizantes, especialmente as ANPAS, pero tamén ao conxunto da sociedade. Hoxe son só catro cursos, pero pronto afectará este modelo do PP a todo o alumnado. Valorade a posibilidade de facer comunicados o roldas de prensa, ben a nivel local, ben a nivel comarcal, se ben para esto agradecería que vos puxerades en contacto coas distintas secretarías provinciais de educación para establecer a necesaria coordinación. Os podo asegurar que os novos secretarios provinciais de educación están cunha grande disposición e ganas de traballar.

Ánimo e repito a miña disposición para todo aquelo que necesitedes. Xaneiro pode ser un bo mes para ir a facer reunións e explicar as desfeitas do PP co Sistema Educativo Público, por suposto que tamén me tedes a vosa disposición para todo tipo de reunións."

Sen máis e quedando a vosa disposición recibide un cordial saúdo dende a Secretaría de Política Municipal.





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.