Reforzan o compromiso de traballar pola integración no Día da Discapacidade

escolaA conmemoración do Día Mundial da Discapacidade serviu para reforzar o compromiso de acabar coas barreiras de todo tipo que impiden a plena integración social deste colectivo, unhas mil persoas en Ordes segundo datos oficiais.
O principal acto contou con representantes do concello e das entidades Cogami, Fademga e Adiscordes. Na súa representación, Francisco Viqueira leu o manifesto “Por un mundo sen barreiras”, que reclama “igualdade real de oportunidades”.


O alcalde, Manuel Regos, lembrou que “todos somos vulnerables e podemos contraer unha discapacidade en calquera momento da nosa vida” e remarcou o apoio ao colectivo. Nese sentido, a concelleira de Discapacidade, Silvia Marín, prometeu “colaboración continua” para estender as metas do 3 de decembro todo o ano.
Por eso, Marín destacou a creación da Oficina Integral da Discapacidade e propúxose a integración real “en todos os ámbitos da vida”, como a formación, o emprego ou a participación social.
Os actos completáronse con visitas aos colexios Campomaior, Castelao e Mesón do Vento. Ademais da lectura do manifesto, o alumnado recibiu un conto sobre como vive unha nena con discapacidade. Antonio Morán, presidente da asociación Adiscordes, sinalou a importancia da súa lectura para facerlles ver aos cativos que deben integrar no grupo aos nenos cunha discapacidade porque “só a teñen no exterior, no fondo pensan e sinten como vós”.

 

Fente: EL Entorno Metropolitano





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.