Entrevista a Jesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes

pedreira«A nosa meta inmediata é ser o partido máis votado en Ordes nas autonómicas»

Jesús Pedreira, primeiro tenente de alcalde de Ordes e concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, leva unhas semanas como novo secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes. Como vai ser a nova etapa no PSOE? - Antes de nada hai que suliñar que a anterior, co liderazgo de Esther Couto e de Jesús Pampín, foi moi fructífera para Ordes porque houbo un aumento de militantes e ao mesmo tempo acadáronse uns resultados moi favorables.

Os froitos do paso de Esther por Madrid como deputada son evidentes para Ordes. Falo do xulgado ou tamén do cuartel, porque a pesar de que o BNG di que non se fixo nada si se fixo. Os técnicos do concello traballan cos da Garda Civil. Seguimos traballando coa data de 2010.


Esperamos que esta nova etapa sirva para conseguir que o partido acade a alcaldía o máis pronto posible. Se pode ser nas próximas eleccións municipais, moito mellor. O noso obxectivo é ese porque hai unha sementeira xa feita, na época de Esther Couto. Ela sementou e nós temos que facer que esa semente medre e madure. Eso é o que nos toca ao novo equipo. Temos que acadar o mellor resultado posible.

Con todo, agora mesmo temos unha meta nas eleccións autonómicas. A pesar de que nos colle moi pronto, afrontámola con moita ilusión.
 
Convocamos a todos os militantes do PSOE a que colaboren para acadar o mellor resultado posible. Poñémonos a meta de ser o partido máis votado en Ordes.

- Ve factible tal meta?
- No equipo actual cremos que temos xente con vontade e con suficiente capacidade para podelo facer.

- E cal é agora o lugar de Esther Couto no partido?
- Ten a nosa máxima consideración e está no comité nacional. É un posto de relevancia onde ela ademais se sinte a gusto. E ao mesmo tempo, como anteriores secretarios, axúdanos coa súa experiencia.

- Falando do ámbito municipal, a tradición tende a ser que o secretario xeral sexa o candidato...
- Si e non. Un exemplo próximo: en Santiago, o secretario xeral do partido é Bernardino Rama e o candidato é Sánchez Bugallo...

- Pero eu falo de Ordes...
- En Ordes tampouco. Na súa época, o secretario xeral foi Nel Astray e a candidata foi Esther. Non hai unha correspondencia necesaria. O que quere facer o partido é unha boa candidatura.

- Eso quere dicir que non hai atranco algún para que o alcalde, Manuel Regos, sexa o seu novo candidato?
- Para que Regos sexa candidato, teñen que darse dúas cousas: primeiro, que Regos pida integrarse no partido; e segundo, que a  agrupación de Ordes admita que sexa o candidato. Se el dá o paso de entrar no partido, a asemblea vai ser coñecedora e dirá cal é o seu parecer.

- Ten feito xestións para incorporar a Regos?
- Como secretario xeral, o que teño é a súa disposición para traballar nestas eleccións para que o PSOE saia o máis reforzado posible en
Ordes e que volva a gañar o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Alegrámonos de que pida o voto para o PSOE. A colaboración pode
ser importante, pero nós imos traballar coa base do partido. Os militantes imos traballar, pero non lle imos negar que colabore a quen queira. Ao contrario, cantas máis persoas queiran apoiarnos, moito mellor.

- Os resultados do 1 de marzo, condicionarán a entrada de Regos no PSOE?
- Eu penso que esa pregunta hai que trasladarlla a el.

- Pero el non a contesta. Que vontade lle ve?
- A única vontade de todos é que o grupo de goberno siga  funcionando ben. Desde o PSOE sentímonos cómodos e en todas as áreas que temos delegadas. Traballamos con lealtade ao alcalde como director de orquestra e á vez coa responsabilidade de cada concelleiro.
Desde as áreas que xestionamos tratamos de darlle unha impronta socialista a este goberno.

- É un goberno multicor no que pode haber roces. Como os levan?
- O tempo está dicindo que os roces, se os houbese, deben ser moi mínimos porque non se notan. Nunca os houbo. Somos catro formas de
pensar e todos debemos e sabemos ceder. Porque ao final estamos gobernando para toda a poboación de Ordes. Ninguén desde o PSOE quere gobernar só para os seus votantes. Por eso non hai esas friccións que alguén teoricamente puido esperar. Esto demostra sobre todo madurez nos grupos.

- O téorico tamén é que o PSOE goberne co BNG. Por que non entrou esta formación no goberno local?
- No seu día, a anterior executiva pensou que PSOE e BNG non podían gobernar porque numericamente entre os dous non abondaba.
Podíanse facer varias combinacións,pero había que ver a vontade doutras persoas, como Astray, Simón e González. En definitiva, as demais combinacións eran teóricas, pero a única real e viable na práctica é a que hai.

- A partir de aí desenterran o machado de guerra.
- Quen?

- O BNG e vostedes están en continuo conflicto...

- Non. Unha cousa é que en momentos e actuacións puntuais houbo e hai tirantez.  Pero eso é moi normal entre un grupo que goberna e outro que non. Como goberno cremos que ten que haber responsabilidade e cortesía institucional. Hai xente que ao mellor non cre que debe habelas. O concello non pode pasalo por alto.

Pero eu como secretario xeral do PSOE procuro ter unha relación correcta. Porque se estamos gobernando a nivel da Xunta, creo convinte esa mesma relación a nivel municipal, como con outros grupos, aínda que uns esteamos no goberno e outros na oposición.

- E que futuro lle ve ao PP de Ordes?

- Está claro que agotou o seu ciclo, xa viña con catro anos de claro agotamento. Non foron capaces de acadar esa renovación como fixo o PSOE no seu día coa entrada de Esther Couto. Agora terán que pasar a travesía do deserto.  Vano ter máis duro se, como é de esperar, están outros catro anos máis na oposición autonómica. 

Fuente: El Metropolitano





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.