Xa temos un novo camión do lixo ecolóxico...e silencioso

pedreira«Xesús Pedreira: “Desprende menos contaminación e fai pouco ruido, o cal o converten no vehículo idóneo para a recollida nocturna”»

Forma parte do programa de mellora de limpeza vial do Concello

O Concello vén de incorporar un novo camión "ecolóxico" de recollida de lixo. "Desprende menos contaminación e fai pouco ruido, o cal o converten no vehículo idóneo para a recollida nocturna”, comentou del o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, sobre el.


A entrada en funcionamento do vehículo está encuadrado dentro do programa de mellora da limpeza vial que está a levar a cabo o Concello e que o pasado mes de xaneiro recibíu a certificación do Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais, coñecido como EMAS -Eco-Management and Audit Scheme-, que concede a auditora Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR).

A frase de Xesús Pedreira
"Este novo vehículo incorpora tamén importantes avances na seguridade dos propios traballadores. O camión dispón de cédulas de proximidade e un sistema de detección óptica que permite deter de inmediato o sistema de compactación do lixo no caso de que fose preciso"

Fonte: Ordessiete





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.