Barcón: “Os socialistas non imos tolerar que os populares enganen aos cidadáns galegos”

barcon"O PP continúa na campaña electoral coa súa mensaxe chea de mentiras, insidias e calumnias”

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2009.- A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE e cabeza de lista pola Coruña, Mar Barcón, explicou que “o PP continúa na campaña electoral coa súa mensaxe chea de mentiras, insidias e calumnias”. “Os socialistas non imos tolerar que os populares enganen aos cidadáns galegos”, engadiu.

Para Barcón “o último intento do PPdeG e de Núñez Feijóo de verter lixo sobre as institucións autonómicas e sobre o proceso democrático amosa unha nova ausencia de responsabilidade e unha clara intención de danar o prestixio do sistema”, dixo.

Segundo a Secretaria de Organización socialista “o lema de campaña do PP parece mente que algo queda”. E continuou “convén recordarlle ao Sr. Feijóo que formou parte dunha administración opaca e feudal que contrasta co goberno austero e transparente que preside Emilio Pérez Touriño”.


6 preguntas que o PP “debería” responder


Ante esta “campaña de insidias” Barcón formulou ao PP seis preguntas:


Que lle parece ao PP e ao sr. Núñez Feijóo explicarlles aos galegos e ás galegas que parte dos 4.000 millóns de pesetas, que custou a casa do anterior presidente, corresponde á piscina climatizada e ao ximnasio anexo. Canto?

 
Adiántolles que só a piscina valeu máis que tódalas reformas feitas no Edificio Administrativo de San Caetano polo Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño.
 

O Sr. Núñez Feijóo e o PP deben explicarlle aos galegos que lles parece a adquisición dunha mesa inglesa do século XIX por un importe de 33.524 euros, case seis millóns de pesetas. Por certo, onde está a mesa que non aparece?

 
O Sr. Núñez Feijóo e o PP deben explicarlle aos cidadáns de Galicia o subministro de sillas cirene por un importe de 6.599 euros cada unha para o mobiliario e o despacho do anterior presidente da Xunta de Galicia.

 
Pode o Sr. Núñez Feijóo e o PP explicarlle aos galegos de cantos coches dispoñía o anterior presidente e que uso lles daba? Cantos coches mercou a anterior Administración?

 
Podo adiantarlles que 29 Audis A8 e que o anterior presidente usaba 3, un deles para trasladar a un familiar todos os días á Coruña desde a súa residencia en Santiago de Compostela e un segundo un coche de luxo que levou agora a Madrid.

 
Pode o Sr. Núñez Feijóo e o PP explicarlle ás galegas e aos galegos se a sede central do seu partido en Santiago de Compostela lles custou menos da metade que as oficinas administrativas dependentes do SERGAS que están no mesmo edificio e que teñen as mesmas dimensións.

 
A que se debe esa diferenza?

 
Pode explicarlle o Sr. Núñez Feijóo ás galegas e aos galegos por que contrata coas eleccións xa perdidas á súa irmá unha asistencia técnica de 400.000 euros.


Esta é a forma do PP de axudar ás familias, de crer nas familias?”

 
A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE reiterou despois destas preguntas que “non todos somos iguais, nunca seremos iguais. O Goberno de Emilio Pérez Touriño non foi un goberno de derroche, senón todo o contrario, foi un goberno austero e transparente”.


A Secretaria de Organización e cabeza de lista pola Coruña considera que “Feijoo minte, Feijóo se agocha, e debe dar explicacións por formar parte de gobernos opacos no gasto e derrochadores”.

Fonte: www.psdeg-psoe.org





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.