Escolares ordenses plantan cen árbores para conmemorar o Día Mundial Forestal

Un centenar de escolares de Ordes, de entre 8 e 12 anos de idade, plantaron a súa propia árbore para conmemorar o Día Mundial Forestal e reivindicar, ao mesmo tempo, a loita contra o cambio climático. Unha parcela municipal situada no Balado acolleu o acto simbólico, no que participaron alumnos dos colexios Campomaior, Castelao e Mesón do Vento, así como dos institutos Maruxa Mallo e número 1.


O profesor Francisco Peña dirixiu a xornada, á que asistiron o alcalde ordense, Manuel Regos, e varios edís, entre outros, a responsable municipal de Educación, Silvia Marín, e o seu homólogo de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, en palabras de quen «estamos facendo un bosque precioso porque, salvo unha ducia de árbores que non medraron e que repuxemos, ou resto gozan de boa saúde». A actividade cos escolares foi organizada por segundo ano consecutivo polo Concello de Ordes, co que colaborou a Dirección Xeral de Montes achegando os exemplares arbóreos que se plantaron.

Sogama tamén participou obsequiando aos escolares cun lapicero en forma de colector, un estoxo de pinturas e contos.

 

Fonte : La Voz de Galicia





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.