O Concello de Ordes pon en marcha dous novos servizos de control da calidade das augas do río Cabrón e na saída da depuradora

Estas medidas únense ás análises periódicas de potabilidade da auga xa existentes e publicaranse tamén na web municipal

30 de marzo de 2009
.- O Concello de Ordes ven de poñer en marcha dous novos servizos de control da calidade das augas no río Cabrón e na saída da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Dous novos servizos que son accesibles dende esta semana a todos os veciños e veciñas de Ordes a través da páxina web municipal: www.concellodeordes.com.


“Con estes novos servizos pretendemos controlar calquera tipo de verquido ao río Cabrón e tamén calquera incidencia que se puidera producir na saída da EDAR”, explica o concelleiro de Medio Ambiente e Sanidade, Xesús Pedreira. Unha medida que é “un exemplo máis da trasparencia que caracteriza ao Goberno municipal, especialmente no tema medioambiental, onde xa levamos máis dun ano publicando os datos dos controis periódicos das augas do municipio e da rede de inmisión da central térmica de Meirama”, apunta Pedreira Mirás.

Control de augas municipais

As dúas primeiras análises xa se poden consultar na web municipal en formato PDF. O informe periódico do verquido da EDAR, elaborado por Espina e Delfín con data 13 de marzo, especifica que os resultados están moi lonxe dos máximos admisibles en parámetros coma sólidos en suspensión (9,4 mg/l fronte aos 35 mg/l), demanda química de osíxeno (44 mg/l fronte aos 125 mg/l) ou demanda bioquímica de osíxeno (17 mg/l fronte a 25 mg/l). No que atinxe á calidade da auga do río Cabrón, a análise realizada por Labaqua especifica tamén a boa calidade e a potabilidade desta auga.

Estes novos servizos únense ás análises periódicas da potabilidade da auga xa existentes, e que inclúe tres mostras cada quince días: unha no depósito de cabeceira e outras dúas aleatoriamente ao longo do concello de Ordes. A última toma publicada na web, realizada o 2 de marzo no depósito de cabeceira de Buscás, especifica que “en función dos parámetros analizados o auga é apta para o consumo”

 

Fonte:Concello de Ordes





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.