Entrevista a Mar Barcón (18/03/09)

A continuación poderás ver a entrevista a Mar Barcón.

 

 

O Concello de Ordes pon en marcha dous novos servizos de control da calidade das augas do río Cabrón e na saída da depuradora

Estas medidas únense ás análises periódicas de potabilidade da auga xa existentes e publicaranse tamén na web municipal

30 de marzo de 2009
.- O Concello de Ordes ven de poñer en marcha dous novos servizos de control da calidade das augas no río Cabrón e na saída da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Dous novos servizos que son accesibles dende esta semana a todos os veciños e veciñas de Ordes a través da páxina web municipal: www.concellodeordes.com.

Ler máis: O Concello de Ordes pon en marcha dous novos servizos de control da calidade das augas do río Cabrón e na saída da depuradora

 

O Concello de Ordes celebrará o Día do auga cunha exposición e a presentación dun libro

A Casa da Cultura de Ordes acollerá a mostra “Un mundo de auga”, organizada en colaboración coa Deputación da Coruña e o CEIDA

20 de marzo de 2009.- O Concello de Ordes vai celebrar o Día Mundial da Auga, que se conmemora este domingo 22 de marzo, cunha xornada denominad “A auga e nós: un equilibrio vital”, que terá lugar o vindeiro mércores 25 de marzo. Unha xornada que inclúe a inauguración da exposición “Un mundo de auga”, a presentación do libro “Que me dis de... a auga” e unha conferencia sobre “A auga e nós: un equilibrio vital”.

Ler máis: O Concello de Ordes celebrará o Día do auga cunha exposición e a presentación dun libro

   

O centro de saúde de Ordes alcanza os trinta especialistas de persoal

Centro de SaúdeO centro de saúde de Ordes é bastante máis que un simple centro médico: tamén servizo de atención primaria, o único existente en toda a comarca ordense e, ademais, conta cun Punto de Atención Continuada (PAC), que presta o servizo de atención urxente a 25.000 habitantes dos concellos de Ordes, Tordoia, Mesía, Trazo e Frades.

Ler máis: O centro de saúde de Ordes alcanza os trinta especialistas de persoal

 

Escolares ordenses plantan cen árbores para conmemorar o Día Mundial Forestal

Un centenar de escolares de Ordes, de entre 8 e 12 anos de idade, plantaron a súa propia árbore para conmemorar o Día Mundial Forestal e reivindicar, ao mesmo tempo, a loita contra o cambio climático. Unha parcela municipal situada no Balado acolleu o acto simbólico, no que participaron alumnos dos colexios Campomaior, Castelao e Mesón do Vento, así como dos institutos Maruxa Mallo e número 1.

Ler máis: Escolares ordenses plantan cen árbores para conmemorar o Día Mundial Forestal

   

Página 15 de 21





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.