Encontro Intercultural en Ordes

MulleresUnha vintena de mulleres, entre inmigrantes e veciñas de Ordes, participaron no Encontro Intercultural de Mulleres, organizado pola concellaría de Servizos Sociais e Terceira Idade no centro social da terceira idade. Durante a reunión presentáronse produtos típicos das súas culturas que trouxeron especificamente para esta cita, explicando os seus nomes e como se elaboran. Ademais, estas mulleres participaron tamén nun baile.

 

Fonte : El Correo Gallego

 

 

Axudas de prevención e apoio ás familias en situacións carenciais graves

Axudas de prevención e apoio ás familias en situacións carenciais graves
para a preservación dos menores no seu medio.
Obxectivo:
Apoiar as familias para garantir a atención adecuada dos menores entre os 3 e os 18 anos de idade e favorecer a permanencia destes no seu medio.

Ler máis: Axudas de prevención e apoio ás familias en situacións carenciais graves

 

Barcón: “Os socialistas non imos tolerar que os populares enganen aos cidadáns galegos”

barcon"O PP continúa na campaña electoral coa súa mensaxe chea de mentiras, insidias e calumnias”

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2009.- A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE e cabeza de lista pola Coruña, Mar Barcón, explicou que “o PP continúa na campaña electoral coa súa mensaxe chea de mentiras, insidias e calumnias”. “Os socialistas non imos tolerar que os populares enganen aos cidadáns galegos”, engadiu.

Ler máis: Barcón: “Os socialistas non imos tolerar que os populares enganen aos cidadáns galegos”

   

O goberno central aproba os proxectos propostos polo concello de ordes ao abeiro do fondo estatal de investimento local

Os proxectos presentados suporán a construción das pistas de atletismo e un local social na futura cidade deportiva de Vista Alegre, a reforma do tanatorio e o acondicionamento dos baixos da alameda

12 de febreiro de 2009.- A Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, pertencente ao Ministerio de Administracións Públicas, vén de autorizar a financiación dos proxectos presentados polo Concello de Ordes ao abeiro do Fondo Estatal de Investimento Local, que suman un total de 2.187.197 euros. Catro proxectos entre os que figuran a reforma do tanatorio municipal, o acondicionamento interior dos baixos a alameda e a construción das pistas de atletismo e dun local social na futura cidade deportiva de Vista Alegre.

Ler máis: O goberno central aproba os proxectos propostos polo concello de ordes ao abeiro do fondo estatal de investimento local

 

Ordes organiza unha charla sobre o autismo na segunda xornada dos "Venres Saudables"

O sábado terá lugar a segunda sesión das charlas sobre nutrición nas comarcas, que se celebrará en Santa Cruz de Montaos

12 de febreiro de 2009.- A Casa da Cultura de Ordes acollerá mañá venres 13 de febreiro, ás 20:30 horas, a segunda sesión dos "Venres Saudables", unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Ordes para achegar aos veciños e veciñas de Ordes todos aqueles temas relacionados co coidado da súa saúde. Nesta ocasión, a xornada xirará en torno ao autismo, e contará coa presenza de Cipriano Luis Giménez Casas, presidente de Autismo Galicia, unha federación de fundacións e asociacións que teñen coma obxectivo mellorar a calidade de vida de persoas con trastornos do especto autista e das súas familias.

Ler máis: Ordes organiza unha charla sobre o autismo na segunda xornada dos "Venres Saudables"

   

Página 16 de 21





cabeceira


Con este novo portal a agrupación pretende contar con un punto de información para os seus veciños, a demáis de servir de escaparate para difundir o noso traballo.